Martes. 11.12.2018 |
El tiempo
Martes. 11.12.2018
El tiempo

Localizan viva no medio dun río a unha muller desaparecida en Gondomar

Alertouse da súa ausencia sobre as 11 da noite deste martes

A Garda Civil localizou viva no medio dun río a unha muller que desapareceu este martes en Gondomar, informa o 112.

Unha veciña da desaparecida alertou ás 23 horas deste martes do ocorrido no lugar de Vilas, en Morgadáns, onde descartou problemas de saúde da ausente, aínda que si falou acerca de dificultades para a orientación.

O 112 deu conta dos feitos á Garda Civil e aos membros do Grupo de Urxencias Supramunicipal e Protección Civil de Val Miñor.

A Garda Civil informou ás 7.30 horas deste mércores de que a muller foi atopada viva no medio dun río e foi trasladada ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Localizan viva no medio dun río a unha muller desaparecida en...