Domingo. 24.06.2018 |
El tiempo
Domingo. 24.06.2018
El tiempo

Rescatan un grupo de excursionistas que se perdeu cando realizaba a ruta do Río Mao

Foron localizadas nunha zona escarpada despois de deixar tras de si a Fábrica da Luz e a Necrópole de San Lourenzo

 

Os servizos de emerxencias atoparon este luns en perfecto estado de saúde un grupo de excursionistas que se perdeu cando percorrían a ruta do Río Mao, na Ribeira Sacra. As persoas foron localizadas nunha zona escarpada despois de deixar tras de si a Fábrica da Luz e a Necrópole de San Lourenzo.

Co fin de facilitar a súa localización, os excursionistas servíronse do whatsapp para envíar ao 112 Galicia as coordenadas da súa posición. Igualmente, os membros do GES de Castro Caldelas aseguraron coñecer a zona en profundidade, polo que axiña deron cos excursionistas.

Ademais, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia informouse aos axentes da Garda Civil, que tamén colaboraron na busca.

O operativo activouse ás 15:30 horas tras a chamada ao 112 Galicia dun dos afectados, que explicou que se perderan unha vez superada a Fábrica da Luz. Apenas dúas horas máis tarde eran localizados polos membros do GES de Castro Caldelas.

Rescatan un grupo de excursionistas que se perdeu cando realizaba a...