'Un equilibrio', un adianto dos contidos do Táboa Redonda do vindeiro domingo

Táboa Redonda
photo_camera Táboa Redonda

María Valcárcel rodea cun círculo a complexa personalidade do compositor Leonard Bernstein, equilibrista entre a homosexualidade, a relixión e o esquerdismo. Javier Nogueira cuestiona a existencia da Terceira España tras reler ‘Las armas y las letras’ de Andrés Trapiello. Juan Tallón conta o destino errante dunha camiseta da mascota Curro. Ramón Rozas convídanos a ver as postais de Combarro que pintou Manuel Maside no ano 52. Portorosa sabe por Sebald dunha familia irlandesa que, de tanto soñar e de tan pouco vivir, acabou na ruína. Antonio Costa adora a William Blake por odiar todo o que envelena e coarta a vida.  Jaureguizar recorre á ouija para non ter que acudir á presentación dunha novela de Manuel de Lorenzo

Más en Táboa Redonda
Comentarios