Achan en Moaña unha tumba de neno froito dun ritual de santería

O achado produciuse no carreiro do río de Fraga

Buraco atopado en Moaña. DP
photo_camera Buraco atopado en Moaña. DP

Un grupo de veciños de Moaña descubriu este mércores os restos do que, segundo as primeiras hipóteses, podería ser un ritual de santería que simula a tumba dun neno.

O achado produciuse no carreiro do río de Fraga, onde varios aldeáns se toparon cun buraco escarbado no terreo coroado por unha pequena cruz de madeira.