Imprimir

Ana Peleteiro a Abascal: "Mellor queda na casa"

Redacción | 02 de julio de 2020

Santiago Abascal e Ana Peleteiro. ARQUIVO
Santiago Abascal e Ana Peleteiro. ARQUIVO

A campaña electoral galega apura os días e as axendas de actos, que traerán de novo á comunidade ao líder de Vox, Santiago Abascal. O deputado estará en Galicia o venres, o sábado e o domingo, como avanzou a través dunha publicación de Twitter que non deixou indiferente á atleta galega Ana Peleteiro.

"Mellor queda na casa", respondeulle tamén a través da rede social a deportista de Ribeira, un dos municipios nos que estará o líder de Vox. "O único que ten de verde GALICIA son os montes. De nada", engadiu.

A vixente campioa de Europa de triplo salto en pista cuberta replicaba así ao anuncio de Abascal, que acompañou o avance da súa axenda co hashtag #GaliciaEsVerde. Abascal está o venres en Lugo, o sábado na Coruña e o domingo en Ribeira.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/galicia/ana-peleteiro-abascal-mellor-queda-casa/20200702205424080805.html


© 2020 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)