Un ancián cun importante grao de dependencia faleceu nas Palmas de Gran Canaria tras morrer na súa mesma casa o irmán que o coidaba, sen que ninguén se dese conta nin botase en falta a ambos os dous durante días.
Segundo adianta este martes Canarias 7, os cadáveres dos dous irmáns, de 74 e 70 anos, foron achados o pasado 21 de xuño despois de que os veciños avisasen do forte cheiro que saía da súa vivenda, situada na rúa Angostura do barrio do Islote.
Fontes da investigación corroboraron a Efe que ningún dos irmáns presentaba signos de violencia e que tampouco se observou na primeira inspección da vivenda indicio algún que fixese pensar noutra causa da morte que non fose a natural.
As autopsias confirmaron despois esa hipótese: levaban xa varios días mortos cando foron achados, pero cunha evidente diferenza entre o irmán pequeno, que morreu primeiro, e o maior, que pereceu tempo despois.
Os veciños alertaron do mal cheiro. https://t.co/rH9faGTFX6<> — Canarias7 (\
canarias7) 9 de xullo de 2019<>