Imprimir

O cura investigado en Seixalbo por acoso a un menor non declara no xuízo

Europa Press | 15 de mayo de 2019

O párroco compareceu este mércores no Xulgado de Instrución 2 de Ourense 
 

O sacerdote de Seixalbo (Ourense), M.V.D, citado para este mércores polo Xulgado de Instrución número 2, acolleuse ao seu dereito a non declarar por un presunto caso de acoso a un menor a través de redes sociais. Segundo informaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a causa continúa aberta. 

O cura da Diocese de Ourense con cargo pastoral estivo acompañado polo seu avogado, que tampouco accedeu a facer declaracións aos medios, e permaneceu escasos quince minutos no interior das dependencias xudiciais. 

O pasado 8 de marzo, o sacerdote, "de idade avanzada", foi suspendido cautelarmenente do exercicio público do ministerio sacerdotal, "de acordo cos Protocolos vixentes da Santa Sé e da Conferencia Episcopal Española", segundo informou o Bispado de Ourense, mentres a investigación prosegue o seu curso. 

Ademais, simultaneamente, por decreto episcopal, deu comezo o proceso canónico de investigación preliminar. Nese momento, o Bispado de Ourense lamentou o posible dano causado á vítima e a súa familia. 

Así mesmo, "dentro do respecto ao dereito constitucional á presunción de inocencia", manifestaron a súa "total colaboración" coa Administración de Xustiza. 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/galicia/cura-investigado-seixalbo-acoso-menor-acollese-ao-seu-dereito-non-declarar/20190515173147058410.html


© 2020 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)