Imprimir

Evacuado un bañista de Silgar tras ser atopado boca abaixo na auga

Redacción | 06 de julio de 2019

Evacuación de un bañista en Silgar. S.F.
Evacuación de un bañista en Silgar. S.F.

Un bañista foi evacuado este sábado, sobre as 19.00 horas, da praia sanxenxina de Silgar despois de que os servizos médicos lograsen reanimalo.

O home, que estaba na auga boca abaixo cando foi avistado por outros bañistas, foi levado ata terra firme, onde os profesionais sanitarios estiveron varios minutos facéndolle manobras de reanimación.

O bañista foi evacuado nunha Uvi móbil e polo momento descoñécese o seu estado. Ata o areal sanxenxino, moi concorrido este sábado, tamén se desprazaron os bombeiros, Policía Local e a Garda Civil.

Reaniman a un bañista en Silgar. S.F.

 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/galicia/evacuado-banista-silgar-ser-atopado-boca-abaixo-auga/20190706192128061488.html


© 2020 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)