Un home de 34 anos, e iniciais R.F.O, foi trasladado en helicóptero logo de caerlle unha viga de ferro sobre unha perna mentres traballaba na empresa Metaldeza, no polígono industrial de Botos (Lalín).
A vítima foi evacuada en helicóptero ao Hospital Clínico, grave, pero estable, segundo fontes sanitarias, cunha fractura de fémur.
Ao lugar desprazáronse os Bombeiros, persoal do GES de Lalín, Policía Local e Garda Civil. Tamén unha ambulancia do 061, que chegou cando o ferido, de 34 anos, estaba a ser conducido en padiola ao helicóptero para o seu traslado.