Un home resultou ferido no concello coruñés de Carballo tras caer co tractor que manexaba por un noiro nunha leira da súa propiedade situada na Vixoteira, Rus.
Tal como informou o 112 Galicia, os servizos de emerxencia tiveron constancia dos feitos arredor das 16.30 horas deste sábado, cando un particular alertaba do ocorrido, e indicaba que un home estaba baixo unha máquina agrícola, "pero que tiña mobilidade".
O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) avisou o 061-Urxencias Sanitarias, os Bombeiros de Carballo, á Garda Civil, á Policía Local e os efectivos de Protección Civil da localidade.
Após chegar ao punto, os servizos de emerxencia confirmaron que non foi necesario o uso de material de excarceración para liberar o ferido, que foi evacuado polos servizos sanitarios.