Imprimir

Interceptan na AP-9 un condutor que triplicaba a taxa de alcol

Axencias | 07 de agosto de 2020

Un vehículo da Garda Civil de Tráfico. ARQUIVO
Un vehículo da Garda Civil de Tráfico. ARQUIVO
O aviso dunha persoa que alertou da "súa condución errática" propiciou que a Garda Civil o localizase

A Garda Civil interceptou na AP-9 un condutor que triplicaba a taxa máxima de alcol permitida grazas á colaboración cidadá.

Atendendo á información divulgada polo instituto armado, outro condutor comunicou ás 9.30 horas á Central Operativa de Tráfico que un turismo circulaba pola AC-11 cunha condución errática e que parara nunha gasolineira da Coruña, na zona de Elviña, a realizar compras con evidentes "síntomas" de estar baixo os efectos do alcol ou doutra sustancia. Esa persoa informou tamén de que o condutor emprendera a marcha e circulaba pola AP-9 en sentido Tui.

Tras alertar ás patrullas en servizo, unha localizou o vehículo e o condutor á altura do quilómetro 18 da AP-9 e, tras sometelo ás probas de alcol, arroxou un resultado positivo cunha taxa de 0,80 mg/l.

Instruíronse dilixencias por un delito contra a seguridade viaria, remitidas ao xulgado número dous de Betanzos, e o vehículo foi inmobilizado. 

A Garda Civil eloxiou a colaboración cidadá como "un dos alicerces esenciais para o éxito da seguridade viaria". "Grazas a esa colaboración púidose intervir de forma rápida e eficaz para retirar da circulación un risco para todos", subliñou.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/galicia/interceptan-ap-9-condutor-triplicaba-taxa-alcol/20200807002635082842.html


© 2020 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)