Imprimir

Investigan a morte dunha muller atopada flotando no río Lagares de Vigo

Redacción | 28 de diciembre de 2019

Un alertante daba conta do achado ao 112 Galicia sobre as 17.00 horas

A Policía Nacional investiga a morte dunha muller duns 70 anos, cuxo corpo foi atopado esta tarde de sábado no río Lagares de Vigo. 

Segundo informaron fontes da investigación a Europa Press, a muller non levaba documentación e non presentaba signos de violencia externos, pero haberá que esperar á autopsia para coñecer os motivos da morte. 

O cadáver foi sacado da auga após recibir aviso o 112 Galicia sobre as 17.00 horas de que se atopou un corpo no río Lagares, á altura da rúa de Severino Cobas, en Lavadores. Axentes atópanse polo barrio preguntando a veciños para indagar sobre a persona achada morta. 

Entre outros medios, o 112 Galicia mobilizou este sábado á Policía Nacional e Local, 061 e a bombeiros da cidade. 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/galicia/localizado-corpo-dunha-persoa-afogada-rio-lagares-vigo/20191228192615070978.html


© 2020 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)