Imprimir

Queda atrapada no interior do coche no que viaxaba tras un choque en Vigo

Redacción | 10 de febrero de 2019

Outras dúas persoas tamén resultaron feridas e foron trasladadas ao hospital

Unha muller queda atrapada no interior do coche no que viaxaba despois dunha colisión en Vigo.

Unha vez liberada polos bombeiros, foi evacuada xunto con outras dúas persoas ao centro hospitalario de referencia por mor das lesións provocadas polo impacto.

Foi unha persoa particular quen contactou co 112 Galicia ás 1.30 horas deste domingo para dar conta dun accidente con dous vehículos implicados na EP-2005, en Bembrive. Igualmente, indicou que había unha muller atrapada no interior dun dos coches, polo que desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pediuse a colaboración dos Bombeiros de Vigo para o seu rescate.

En total, foron tres as persoas feridas no accidente, que foron evacuadas polos equipos médicos do 061-Urxencias Sanitarias. 

Tamén, o operativo contou co apoio dos axentes da Garda Civil de Tráfico.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/galicia/muller-queda-atrapada-interior-do-coche-viaxaba-colision-vigo/20190210101044052519.html


© 2019 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)