Imprimir

Pechado o centro cívico de Monte Alto na Coruña polo positivo dun vixiante

EUROPA PRESS | 30 de julio de 2020

Unha muller ás portas do centro cívico municipal de Monte Alto, na Coruña. EFE/ CABALAR
Unha muller ás portas do centro cívico municipal de Monte Alto, na Coruña. EFE/ CABALAR
Un traballador do matadoiro municipal Canicosa e unha usuaria do pavillón de deportes de Riazor están a ser investigados como "posibles positivos"

O Concello de A Coruña mantén pechado desde esta mañá e ata o luns o centro cívico de Monte Alto tras o positivo por coronavirus dun vixiante, empregado dunha empresa de servizos contratada pola administración local. Fontes municipais informan de que se procederá á desinfección do edificio e xa están illados varios traballadores. 

Segundo explica o Concello nun comunicado, o traballador realizou a proba tras un contacto cun positivo o venres pasado. Desde o resultado positivo, o luns, o persoal "que puido estar próximo a el" foi illado e espera os resultados das probas. Fontes do centro cívico descartan que o home "circulase" por aulas onde hai nenos en actividades. 

O peche non afecta á actividade do comedor social porque "ten unha entrada independente" aínda que tamén se desinfectará, explican desde o Concello, polo que os usuarios levaron hoxe a casa a comida de mañá e o sábado volverán utilizar a sala. 

Fontes municipais engaden que se están investigando dous "posibles positivos", o dun traballador do matadoiro municipal Carnicosa e o dunha usuaria do pavillón de deportes de Riazor. Esta instalación xa foi desinfectada, detallan. 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/galicia/pechado-centro-civico-monte-alto-coruna-polo-positivo-dun-vixiante/20200730202852082526.html


© 2020 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)