Vídeos

A Princesa Leonor pronuncia o seu primeiro discurso en catalán

A Princesa de Asturias e de Girona destacou este luns, no seu primeiro discurso en Cataluña, que esta terra sempre ocupará "un lugar especial" no seu corazón e que seus pais, os Reis, sempre lles falaron a ela e a súa irmá de Girona e de Cataluña "con verdadeiro afecto". 

"Grazas a eles sabemos moitas cousas da historia e a cultura catalás", dixo a Princesa en catalán sobre o escenario do Pazo de Congresos de Cataluña.