domingo. 28.02.2021 |
El tiempo
domingo. 28.02.2021
El tiempo

Vídeos

A emotiva sorpresa dun grupo de estudantes ao seu profesor

A reacción dun profesor mexicano á sorpresa que lle deron os seus alumnos como agradecemento polo seu labor docente viralizouse desde a plataforma  TikTok. O mestre agardaba a que os estudantes se conectasen para unha clase telemática e, para a súa sorpresa, cando os mozos acenderon as súas cámaras apareceron na súa pantalla portando letreiros e pancartas con diferentes mensaxes de agarimo. "Eu son moi chorón, advirto. Moitas grazas. Ai, que lindos todos. Moitas grazas. Que agasallo tan fermoso", dixo o profesor.