Imprimir

Unha saída de vía na AP-53 en Lalín deixa un ferido

Europa Press | 16 de abril de 2018

O condutor perdeu o control e chocou contra un gardarraíl

A saída de vía dun vehículo que chocou contra un gardarraíl na AP-53 ao seu paso polo termo municipal de Lalín saldouse na mañá deste luns cunha persoa ferida. 

Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia a Europa Press, este accidente de tráfico tivo lugar sobre as 8,30 horas deste luns na AP-53 dirección Santiago na parroquia de Donramiro, no concello pontevedrés de Lalín.

Foi un particular o que avisou ao 112 do sinistro e indicou que había unha persoa que se atopaba mal, polo que foron mobilizados Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros do Deza e o GES da zona. 

Fontes dos bombeiros indicaron que cando chegaron xa non se atopaba ninguén no interior do vehículo accidentado no que saltaran dous airbags tras chocar co gardarraíl, polo que finalmente non tiveron que intervir. 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/galicia/saida-via-ap-53-lalin-deixa-ferido/20180416102110029840.html


© 2020 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)