Imprimir

Un temporal deixará este luns fortes ventos e ondas de máis de cinco metros

Redacción | 04 de marzo de 2019

Ondada fronte a San Cibrao. JOSÉ Mª ÁLVEZ
Ondada fronte a San Cibrao. JOSÉ Mª ÁLVEZ

A costa de Lugo, A Coruña e Pontevedra quedará en alerta laranxa 

O litoral das provincias de Lugo, A Coruña e Pontevedra continuarán este luns en alerta laranxa por ondas que poderían superar os 5 metros ata media tarde. Estas zonas de costa tamén estarán con aviso amarelo por fortes ventos.

Segundo recolle a predición de Meteogalicia, ata media tarde, as ondas situaranse en toda a costa galega entre os 5 e os 7 metros de altura, con ventos no mar de suroeste que oscilarán entre forza 7 e 8. 

Neste contexto, espéranse ceos alternando nubes e claros, con chuvascos de carácter intermitente máis probables nas provincias da Coruña e Pontevedra.

As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán do suroeste, moderados en xeral, fortes no litoral norte.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/galicia/temporal-deixara-luns-fortes-ventos-temporal-mar/20190304012016054046.html


© 2020 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)