Imprimir

A Xunta concentrará a maiores infectados en dúas residencias integradas

Europa Press | 24 de marzo de 2020

Núñez Feijóo participa nunha reunión cos responsables de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña e Política Social, Fabiola García. EFE
Núñez Feijóo participa nunha reunión cos responsables de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña e Política Social, Fabiola García. EFE
Feijóo destacou que os pacientes terán "un control sanitario máis intenso" nestes centros 

A Xunta concentrará en dúas residencias integradas a usuarios de residencias da terceira idade que dean positivo en coronavirus para que "poidan ser tratados de forma máis medicalizada" e cun coidado "máis directo".

Así o anunciou nunha rolda de prensa ofrecida na tarde deste martes o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, que destacou que estes centros "terán un control sanitario máis intenso".

Con todo, a Xunta matizou que estes centros integrados non acollerán a totalidade dos contaxiados que se rexistren nas residencias de maiores. Algúns casos puntuais poderían non requerir traslado se se confirma que están ben illados e tratados na residencia de orixe.

Feijóo explicou que a maior parte dos usuarios de residencias que dean positivo nas provincias de Pontevedra e Ourense serán situados nunha residencia integrada que se habilitará no centro da Fundación San Rosendo, en Baños de Molgas (Ourense), unhas instalacións que aínda non foron estreadas.

Pola súa banda, os que estean infectados nas provincias da Coruña e Lugo serán situados na residencia Porta do Camiño de Santiago de Compostela, cuxos actuais inquilinos serán trasladados ao Hotel Congreso de Teo.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/galicia/xunta-concentrara-maiores-infectados-duas-residencias-santiago-banos-molgas/20200324191102075544.html


© 2020 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)