Achan un feto nos baños dunha estación de autobuses de Lanzarote

A Policía investiga os feitos

Os traballadores da estación de autobuses de Arrecife, en Lanzarote, atoparon este martes, á primeira hora da mañá, un feto sen vida nos baños públicos desas instalacións, segundo confirmou un portavoz do Corpo Nacional de Policía.

Un equipo policial atópase traballando na zona, para investigar as circunstancias nas que se produciu o achado e recuperar calquera indicio que permita pescudar como chegou ata alí ese corpo.

As fontes consultadas por Efe precisaron que será necesario esperar ao informe da autopsia que realizarán os médicos forenses para determinar se o feto naceu morto ou faleceu tras o parto e se o fixo neses baños públicos ou foi trasladado ata alí.