Activistas de Greenpeace entran na térmica de Meirama para pedir o seu peche

Solicitan á empresa “que anuncie que non investirá en alargar a vida das súas térmicas e que as pecharán en 2020”

Activistas de Greenpeace, en Meirama. GREENPEACE
photo_camera Activistas de Greenpeace, en Meirama GREENPEACE

Un grupo de activistas de Greenpeace accedeu na mañá deste venres á central térmica de Meirama, en Cerceda (A Coruña), para pedir o seu peche polo “seu impacto climático e na saúde” a través dunha serie de pancartas despregadas na torre de refrixeración e dun debuxo de grandes dimensións.

Membros de Greenpeace, en Meirama GREENPEACEA organización ecoloxista pediu a Naturgy, a empresa que opera esta central térmica, que “anuncie o peche das súas centrais térmicas de carbón e se comprometa a realizar un proceso de desinversión para aliñarse coa loita climática”, segundo indica nun comunicado.

“Naturgy, o antiga Gas Natural, é a segunda empresa que máis cambio climático provoca en España e está entre as vinte compañías carboeiras máis contaminantes de Europa”, denunciou Greenpeace, que pediu “claridade” sobre o futuro das centrais de Meirama, Narcea (Asturias) e La Robla (León).

Aínda que tanto os traballadores da central de Meirama como o secretario de Estado de Enerxía, José Domínguez Abascal, dan por feito que a planta pechará en xuño de 2020, esta previsión parte de que Naturgy non expresou a súa vontade de investir para adecuala aos estándares europeos en materia de contaminación.

Greenpeace pediu á empresa “que anuncie que non investirá en alargar a vida das súas térmicas e as pechará en 2020” e recordou que xa advertira en 2016 de que non ía realizar máis investimentos na central térmica de Anllares (León), unha decisión que esperan que explicite con respecto a Meirama, Narcea e La Robla.

A organización ecoloxista ha sinalado que a central de Meirama é “a máis contaminante da empresa” e “é responsable directa de 55 mortes prematuras e os seus custos para a saúde superaron os 150.000 euros polas súas emisións en 2016”, segundo datos dun informe elaborado pola plataforma “Un futuro sen carbón”.

Dito informe tamén acusa a Naturgy de ser responsable “de 178 mortes prematuras, 6.000 ataques de asma en poboación infantil e 136 casos de bronquites en adultos”, así como de custar “máis de 500 millóns de euros á saúde da sociedade española”.

Comentarios