Reteñen o seu coche nun control de alcolemia e o amigo que o leva ao depósito tamén da positivo

Os feitos ocorreron durante o operativo das Festas do Pilar de Zaragoza
Un control en Poio PL POIO
photo_camera Un control policial. ARQUIVO

A Policía de Zaragoza denuncia a dous homes ao dar positivo nunha proba de alcoholemia. O primeiro deles foi interceptado nun control policial cando os axentes descubriron que o home superaba a taxa de alcol permitida. O seu vehículo foi inmobilizado e levado ao depósito. 

O segundo caso deuse horas despois cando un amigo deste levouno onde retiñan o seu coche con intención de recuperalo. Foi aí cando un axente da USM (Unidade de Seguridade Nocturna) descubriu que o segundo home tamén ía bébedo. 

A Policía tramitou sendas denuncias e procedeu a inmobilizar os dous vehículos. 

Os feitos ocorreron no dispositivo policial despregado con motivo das Festas do Pilar de Zaragoza. 

Comentarios