Arrimadas postúlase para liderar Ciudadanos

A portavoz da formación laranxa no Congreso: "Na vida hai que dar pasos á fronte"
Inés Arrimadas. EFE
photo_camera Inés Arrimadas. EFE

A portavoz de Cidadáns no Congreso, Inés Arrimadas, vese "forte, valente e á altura das circunstancias" para asumir o liderado do partido, pero aínda non presenta a súa candidatura, explicou, porque hai uns prazos que cumprir.

"Na vida hai que dar pasos á fronte" e ela dixo que está preparada para facelo nunha entrevista en Antena 3 unha semana logo da dimisión de Albert Rivera e tras recibir un apoio case maioritario para presentarse.

Comentarios