A central nuclear Ascó II sofre unha parada non programada do reactor

O CSN asegura que o suceso “non tivo impacto nos traballadores, o público, nin no medio ambiente” 

Central nuclear Ascó II. ANAV
photo_camera Central nuclear Ascó II. ANAV

A central nuclear Ascó II detivo a súa actividade por unha parada non programada do reactor, cando estaba ao 100 % da súa capacidade, ao rexistrarse unha parada automática da turbina principal, informou o Consello de Seguridade Nuclear (CSN). 

O CSN asegura que o suceso “non tivo impacto nos traballadores, o público, nin no medio ambiente” e engade que se clasifica no 0 dentro da Escala Internacional de Sucesos Nucleares e Radiológicos. 

Nesta escala, o 0 “non ten significación para a seguridade”, mentres que o 1 considérase unha anomalía, o 2 un incidente, o 3 un incidente importante, o 4 un accidente con consecuencias de alcance local, o 5 un accidente con consecuencias de maior alcance, o 6 un accidente importante e o 7 (e máximo) un accidente grave. 

A parada da turbina principal que provocou a detención do reactor tivo a súa orixe, segundo o CSN, na parada do alternador por mor dun sinal de alta "temperatura nunha das súas fases”. 

Ao deterse o alternador, a turbina deixou de funcionar e esta, á súa vez, provocou a parada do reactor. 

Segundo as fontes, a detención do reactor nestes casos prodúcese cando a potencia se atopa por encima do 35% e, no caso deste luns, a central estaba a funcionar ao total da súa potencia. 

Comentarios