Belén Esteban, ao seu xa marido: "Grazas por aparecer na miña vida"

Jorge Javier desvela os primeiros detalles do enlace da colaboradora, que deu o seu ramo a Terelu

Belén Esteban. INSTAGRAM
photo_camera Belén Esteban. INSTAGRAM

Belén Esteban e Miguel Marcos xa son marido e muller. A colaboradora de Sálvame estivo arroupada polos seus nunha cerimonia da que xa transcenderon os primeiros detalles. Foi Jorge Javier Vázquez quen adiantou algúns, en directo en Sábado Deluxe. Na súa opinión, un dos momentos máis emotivos produciuse coa lectura do discurso de Andrea Janeiro, que fixo chorar aos invitados ao enlace ao dar grazas á súa nai pola educación recibida.

Ademais, María Patiño tamén pronunciou unhas palabras durante a cerimonia. A súa intervención estivo baseada nunha canción de Bob Marley, segundo explicou o presentador e recolle a web de Telecinco. E non foi a única. Belén tamén sorprendeu ao seu xa marido cunha emotiva declaración: “Grazas, porque apareciches na miña vida e salváchesme”.

A falta de coñecer os detalles do vestido da noiva, Jorge Javier precisou que tiña bordados e gasa, pero volume non. Ademais, matizou que en lugar de arroz, os noivos foron sometidos a unha choiva de pétalos de rosa.

O RAMO. Pola súa banda, Carlota Corredera contou outro detalle importante: Belén Esteban deulle o ramo a Terelu Campos.

Comentarios