A familia do atacante de Cornellà estuda denunciar aos Mossos por presunta neglixencia

O corpo asegura que a axente que o abateu actuou de xeito "proporcionado, adecuado e congruente coa situación de extrema gravidade coa que se atopou"

20180821-636704567174574212
photo_camera David Martinez, avogado da familia do home que morreu tiroteado cando atacaba a comisaría de Cornellà. ALEJANDRO GARCÍA (EFE)

A familia do home que este luns atacou unha comisaría dos Mossos d'Esquadra en Cornellà de Llobregat estuda presentar unha denuncia pola súa morte, abatido por unha axente, declarou a Europa Press o avogado, David Martínez. 

O letrado afirma que a familia prevé denunciar aos Mossos por presunta actuación "neglixente", segundo publicou El País. 

En declaracións a Europa Press tras reunirse coa esposa de Taib no domicilio de Cornellà, o avogado explicou que están a estudar o caso e que descartan que os feitos poidan considerarse terrorismo. 

David Martínez engade que Taib estaba mal por mor da separación da súa muller –o martes asinaron o seu divorcio e el debía irse do piso–. 

A familia descarta que os feitos poidan considerarse terrorismo

REACCIÓN "PROPORCIONADA". Pola súa banda, o director dos Mossos d'Esquadra, Andreu Joan Martínez, considerou este martes que a axente que abateu ao atacante actuou de xeito "proporcionado, adecuado, congruente coa situación de extrema gravidade coa que se atopou". 

En rolda de prensa, lamentou que os feitos acabasen coa vida do asaltante pero defendeu a rápida reacción dela e o apoio do sarxento que tiña cerca: "Só así se entende que hoxe en día non esteamos a falar de males maiores". 

"A familia tennos á súa disposición. Desde o primeiro momento estivemos en contacto con eles", dixo, aínda que recoñece o dereito da familia de denunciar. 

VONTADE "HOMICIDA". Insistiu na vontade "claramente nítida de agredir" do asaltante e explicou que a mossa seguiu os protocolos e que o atacante non atendeu ás advertencias policiais. 

Os Mossos recoñecen o dereito da familia de denunciar aínda que defenden que a axente seguiu os protocolos

"Trátase dun individuo que irrompe nunha comisaría policial coa clara vontade homicida e facendo proclamas, e actívanse todos os mecanismos normais", detallou, ademais de subliñar que se tratou dunha acción moi rápida e que seguiu os protocolos.

A AXENTE XA DECLAROU. Neste sentido, explicou que os protocolos non se cambiaron, xa que desde hai moitos anos "son moi garantistas, funcionan e afortunadamente son unha garantía para a cidadanía". 

Martínez informou ademais de que a axente que disparou declarou este martes e que a Audiencia Nacional (AN) asumiu a investigación de motu propio, motivo polo cal se trata o ataque como terrorista.

"ATAQUE TERRORISTA". "A información coa que traballamos está a porse a disposición xudicial, tratámolo necesariamente como un ataque terrorista, algo que vén marcado cando a Audiencia Nacional asume o caso", subliñou. 

O director do corpo, que non revelou ningunha novidade da investigación, recordou que segue aberta e que o corpo non ten ningunha dúbida de que a axente "actuou como tocaba, protexendo os bens e a seguridade das persoas".

Comentarios