O galego Jesús Vázquez, condenado a pagar 2,8 millóns a Facenda

O presentador e o seu marido utilizaron unha sociedade para evadir impostos
Jesús Vázquez junto a su marido, Roberto Cortés. INSTAGRAM
photo_camera Jesús Vázquez xunto ao seu marido, Roberto Cortés. INSTAGRAM

Jesús Vázquez (Ferrol, 1965) foi o último famoso en ser cazado por Facenda por evadir impostos. Segundo informa El Confidencial, o presentador e o seu marido, Roberto Cortés, deberán abonar unha multa de 2,8 millóns de euros despois de que a Audiencia Nacional dese a razón á Axencia Tributaria nunha sentenza do pasado 5 de xuño.

O sistema que utilizaron ambos é dabondo coñecida polo público: utilizar unha sociedade sen actividade real para administrar os seus ingresos e eludir así o pago do IRPF –que supón unha porcentaxe maior que o dos impostos correspondentes a sociedades–.

En concreto, Facenda céntrase na actividade da sociedade –chamada Bopreci– nos exercicios económicos de 2006 e 2007, nos que a firma facturou 2.444.353,03 e 1.590.289,65 euros respectivamente.

Comentarios