Iberia cancela o seu voo deste luns a Caracas polos cortes eléctricos

A compañía informará a través de mensaxes de texto e de correos electrónicos aos pasaxeiros afectados para a súa recolocación

Avións de Iberia. AEP
photo_camera Avións de Iberia. aep

A compañía española Iberia cancelou o seu voo deste luns de Madrid a Caracas, con escala en Santo Domingo, debido aos cortes eléctricos que afectan a Venezuela desde o pasado xoves, incluído o aeroporto que serve á capital.

Fontes de Iberia declararon a Efe que a compañía informará a través de mensaxes de texto e de correos electrónicos aos pasaxeiros afectados para a súa recolocación.

A cancelación do voo de Iberia con destino a Caracas prodúcese despois de que este sábado membros da tripulación de Air Europa sufrise un intento de atraco cando se dirixían nunha furgoneta cara a un hotel de Caracas onde ían pasar a noite.

O intento de atraco terminou sen incidentes e os traballadores xa regresaron a Madrid.

O Goberno de Nicolás Maduro anunciou este domingo unha segunda suspensión das clases e as actividades laborais polo apagamento ocorrido o xoves pola tarde e que xa superou as 72 horas, aínda que algunhas zonas de Caracas teñen electricidade de forma intermitente.

Comentarios