Investigan se drogaron a unha moza para agredila sexualmente en Lugo

Foron detidas dúas persoas ► A muller, de 25 anos, espertou nunha pensión e non se acordaba de nada

Dous homes de nacionalidade romanesa foron detidos nas últimas horas por axentes do Corpo Nacional de Policía como investigados por unha suposta agresión sexual a unha moza lucense, de 25 anos de idade, que se espertou nunha pensión da cidade, cun individuo ao que "non coñecía" e sen acordarse "de nada" do sucedido a noite anterior.

Fontes policiais informaron a Efe, de que a moza presentou denuncia na Comisaría Provincial porque, logo de saír a tomar algo cunha amiga, á que perdeu nun momento determinado da noite, perdeu a noción da realidade ata que se espertou, á mañá seguinte, nunha pensión da cidade de Lugo cun home ao que non coñecía.

Segundo a propia denuncia, a moza separouse da súa amiga ao redor das tres da madrugada, cando saíu do pub no que ambas estaban a tomar algo, e non recorda nada do sucedido desde entón, ata que se espertou ao redor das once da mañá.

A Policía Nacional investiga se os sospeitosos botáronlle algo na bebida á suposta vítima para abusar dela.