Ketty, a galega de 'MasterChef': "Acabo de ter un orgasmo culinario"

A concursante mostrouse emocionada durante o cociñado de Quique Dacosta, que acudía por segunda vez ao programa

Ketty. RTVE.ES
photo_camera Ketty. RTVE.ES

Tras nove semanas de programa, esta por partida dobre ao repetir pase televisivo este xoves, a sexta edición de MasterChef apura os seus últimos programas antes das vacacións estivais.

Durante este tempo, moitos foron os momentos de risas, tensión e, incluso, de revelación como a que tivo este luns Ketty, a pontevedresa con orixes cubanas que forma parte dos 15 aspirantes a converterse en cociñeiros profesionais.

A proba de eliminación, na que mediron as súas forzas Jon, Víctor e Toni e que finalmente fallou o vasco, contou coa participación do chef Quique Dacosta na última parte do cociñado. A tres Estrela Michelín demostrou o seu talento culinario e o moito que goza entre as cores e os sabores da cociña.

O seu bo facer non pasou desapercibido para as concursantes que observaban o reto desde o balcón, Marta, Sofía, Oxana e Ketty. A pontevedresa deixou ben claro o cómoda que estaba a ver os touros desde a barreira: "Síntome celebrity".

O comentario máis curioso de Ketty chegou co empratado de Dacosta: "Acabo de ter un orgasmo culinario". Unha frase que, sen dúbida, xa forma parte da historia do concurso.

Comentarios