Localizado o cadáver do neno desaparecido nun barranco en Huesca

O menor desaparecera o sábado

Os equipos de rescate e intervención en montaña da Garda Civil localizaron o corpo sen vida do neno de 9 anos, de nacionalidade francesa, que desapareceu este sábado nun barranco da serra de Guara, en Huesca.

Segundo informaron a Efe fontes do instituto armado, o cadáver do pequeno foi localizado sobre as 11.00 horas no barranco.

O neno formaba parte dun grupo que practicaba barranquismo na zona dos Escuros do Balcés, preto da localidade de Rodellar, que este sábado deu aviso da súa desaparición ao redor das 20.00 horas, cando conseguiron ter cobertura de teléfono móbil.

Ao parecer, dúas mulleres do grupo que estaban en dificultades no barranco puideron ser rescatadas pero a corrente levou ao menor nunha zona de moi difícil acceso, cun caudal moi alto e perigoso, precisaron as fontes.