Mainat nega que se lle investigue por malos tratos á súa esposa e pide respecto para os seus fillos

 O caso resúltalle "doloroso" e espera que os tribunais o resolvan canto antes 
Mainat tras dar el último adiós a su exmujer, Rosa María Sardá. EUROPA PRESS
photo_camera Mainat tras dar o último adeus a Rosa María Sardá. EUROPA PRESS

O produtor de televisión Josep Maria Mainat negou este martes que haxa ningún procedemento penal contra el por presuntos malos tratos á súa esposa, Angela Dobrowolski, á que se investiga por presuntamente intentar matalo con insulina, e pediu que se respecte o dereito á intimidade dos seus fillos menores de idade neste proceso. 

Nun comunicado, explicou que Dobrowolski denunciouno ante o Xulgado de Violencia sobre a Muller por supostas coaccións e revelación de segredos —non por malos tratos—, e que o 29 de xullo o xuíz denegoulle a ela a orde de protección tras escoitar as súas declaracións. Segundo o produtor, o 17 de setembro a súa avogada pediu o sobresemento e arquivo definitivo desta causa, "ao non existir ningún indicio novo que sustente a continuación do procedemento".

TRES CAMBIOS DE DOMICILIO. Mainat lamentou que no último mes el e os seus fillos cambiaron tres veces de domicilio para illarse "da persecución mediática", e avanzou que aínda que se pescude onde vive non fará declaracións. "Se descubren onde estamos, só pasarían dúas cousas: unha, que tampouco declararía nada, e dous, que deberiamos volver cambiar de domicilio", detallou. 

Subliñou que a situación está a afectar moi especialmente aos seus fillos menores, e que a súa prioridade será protexelos: "Intento e intentarei garantir o seu benestar emocional e a defensa do seu dereito á intimidade".

PRESUNTO INTENTO DE ASASINATO. Sobre a investigación aberta a Dobrowolski por presunto asasinado, confía "plenamente na Administración de Xustiza, sendo os tribunais, e só eles, os que han de resolver os conflitos xurídicos e as diferentes causas que actualmente se están tramitando". "O feito de que Angela sexa a miña esposa durante nove anos e sexa a nai dos meus dous fillos pequenos fai para min especialmente dolorosa esta situación, que espero se resolva canto antes pola vía xudicial", afirmou. 

Comentarios