Marquezine e Neymar pon fin á súa relación, outra vez

A artista anunciou a ruptura en Vogue Brasil e sinala que a idea naceu do futbolista

Marquezine y Neymar
photo_camera Marquezine e Neymar

A actriz brasileira Bruna Marquezine anunciou este venres o fin da súa relación co futbolista Neymar e aclarou á revista Vogue Brasil que a decisión partiu da estrela do París Saint-Germain (PSG).

Marquezine, famosa en Brasil pola súa participación en diversas telenovelas, precisou que a ruptura non se produciu por motivos políticos, como se especulou nas redes sociais.

"Só quero esclarecer ese punto porque estamos a vivir un momento moi crítico e perigoso, un momento de moito odio e, non, o fin non ten nada que ver con iso", subliñou a tamén modelo á revista, en referencia ao proceso electoral de Brasil.

A brasileira expresou o seu "respecto" e "agarimo" por Neymar, con quen retomou a súa relación sentimental a finais do ano pasado logo dunha ruptura a mediados de 2017.

As redes sociais enchéronse de especulacións sobre a ruptura durante a última semana, despois de que Marquezine aparecese nalgunhas fotos na exclusiva illa de Fernando de Noronha sen unha alianza que recibira de Neymar.

O xogador do PSG e Marquezine comezaron por primeira vez o seu noivado en 2013, cando Neymar aínda xogaba nos Santos, pero nos últimos anos puxeron fin á relación en diversas ocasións.

Comentarios