Morre de coronavirus o expolicía franquista Billy el Niño

Faleceu sen chegar a ser investigado xudicialmente por delitos de torturas a pesar das querelas presentadas nos últimos anos contra el
Billy el Niño. AEP
photo_camera Billy el Niño. AEP

O expolicía da Brigada Político Social do franquismo Juan Antonio Fernández Pacheco, alias  Billy el Niño, acusado de crimes de lesa humanidade por torturas durante os últimos anos da ditadura, morreu á primeira hora da mañá deste xoves de coronavirus nunha clínica de Madrid, aseguraron fontes policiais.

Fernández Pacheco, de 73 anos, faleceu sen chegar a ser investigado xudicialmente por delitos de torturas a pesar das querelas presentadas nos últimos anos polas súas vítimas. Ademais, o expolicía tiña pendente que prosperase a petición de retirada das súas condecoracións. 

O pasado 11 de febreiro, un mes antes de decretarse o estado de alarma polo coronavirus, o ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, mostrouse convencido de que se poderían retirar as medallas concedidas a Billy el Niñograzas á nova Lei de Memoria Histórica que presentara o PSOE no Congreso. 

Esta foi unha das esixencias de Unidas Podemos desde a moción de censura que levantou á Presidencia do Goberno a Pedro Sánchez. Grande-Marlaska abriu un procedemento para estudar a retirada das medallas, que retomou tras a investidura en xaneiro e a formación do Goberno de coalición. 

Comentarios