A Nasa cancela o primeiro paseo espacial exclusivamente feminino por falta de traxes

Actualmente só hai roupa da talla M e resulta "máis fácil e rápido" cambiar de camiñantes espaciais que reconfigurar o traxe

La astronauta Christina Koch ayuda a Nick Hague y Anne McClain con sus respectivos trajes. NASA
photo_camera A astronauta Christina Koch axuda a Nick Hague e Anne McClain cos seus respectivos traxes. NASA

A Nasa tivo que cancelar a camiñada espacial exclusivamente feminina que tiña previsto para este venres 29 de marzo por falta de traxes coa súa talla. 

As astronautas da Nasa Anne McClain e Christina Koch ían dirixirse nun principio este venres á Estación Espacial Internacional (ISS), converténdose así na primeira camiñada espacial formada exclusivamente por mulleres. 

Koch viaxará entón cun compañeiro home da Nasa, Nick Hague. O obxectivo da misión é continuar cos traballos de instalación de potentes baterías de iones de litio para dúas dos paneis solares da ISS, traballos que foron iniciados nunha primeira camiñada espacial que realizou Anne McClain e Nick Hague á ISS o pasado 22 de marzo. 

Tras a experiencia desta viaxe previa, a Nasa decidiu realizar uns axustes das próximas viaxes, xa que McClain afirmou que quedaba mellor unha talla M da parte superior, a do torso, do traxe. "Temos outro segmento de traxe espacial de talla M na estación; Anne adestrouse en M e L e pensou que podería usar unha L, pero logo da camiñada espacial do venres, unha M adáptase mellor. Neste caso, é máis fácil (e máis rápido) cambiar de camiñantes espaciais que reconfigurar o traxe espacial", asegurou a través de Twitter a portavoz xefe da división de viaxes espaciais e exploración da Nasa, Stephanie Schierholz. 

Dado que actualmente só hai un traxe dispoñible de talla M, será Christina Koch quen poderá levalo o vindeiro venres 29 de marzo. Koch viaxará con Hague. Pola súa banda, McClain voará á ISS o 8 de abril co astronauta da Axencia Espacial Canadense David Saint-Jacques. 

Estes serán os paseos 215º e 216º na historia da montaxe e mantemento da Estación Espacial Internacional. Durante a primeira camiñada espacial da serie, o 22 de marzo, McClain converteuse na 13ª muller en realizar unha camiñada espacial. Koch converterase na 14ª este venres. 

Comentarios