A OMS cualifica o brote de coronavirus como unha pandemia 

Hai rexistrados 118.000 casos en 114 países e 4.291 persoas mortas
Tedros Adhanom Ghebreyesus. director general de la OMS. EFE
photo_camera Tedros Adhanom Ghebreyesus. director general de la OMS. EFE

O director xeral da Organización Mundial da Saúde (OMS), Tedros Adhanom Ghebreyesus, informou de que tras os elevados casos de contaxio do novo coronavirus pasouse a cualificar de pandemia o brote. 

En rolda de prensa, Tedros informou de que o número de casos de Civid19 nas últimas dúas semanas multiplicouse por 13 fóra de China, epicentro do brote de coronavirus, rexistrándose máis de 118.000 casos en 114 países e 4.291 persoas mortas. 

"A OMS estivo avaliando este brote durante todo o día e estamos profundamente preocupados tanto polos niveis alarmantes de propagación e gravidade, como polos niveis alarmantes de inacción. Polo tanto, avaliamos que o Covid19 pode caracterizarse como unha pandemia", dixo. 

Comentarios