Os rusos están con Casillas

VTsIOM  e Iker Casillas elaboran unha enquisa sobre a chegada do ser humano á lúa. O 57% dos rusos cren que o home nunca a pisou, e o 42% dos votantes no Twitter do porteiro tampouco

Pisada de Neil Armstrong en la luna, en 1969. EFE
photo_camera Pisada de Neil Armstrong na lúa, en 1969. EFE

Segundo unha enquisa publicada polo centro de estudos VTsIOM, o 57% dos rusos non cren que o home pisara a lúa e consideran unha montaxe a chegada de Neil Armstrong ao satélite en 1969.

Só o 24% dos enquisados confían en que se cumprise a fazaña espacial e un 13% non souberon contestar  a pregunta.

O VTsIOM non foi o único en cuestionar a misión luar. O porteiro Iker Casillas lanzaba esta semana unha enquisa na súa conta de Twitter coa que recadou máis de 300.000 mil votos.

En canto aos resultados, só un 42% apoian á maioría rusa, menos da metade.

Comentarios