miércoles. 04.08.2021 |
El tiempo
miércoles. 04.08.2021
El tiempo

Cinco persoas faleceron por golpes de calor na última semana

58106
Termómetro. EP

Segundo un estudo da Aemet a pasada onda de calor que afectou ao centro, norte e nordeste da península e Baleares foi a máis sufocante neste mes nas últimas catro décadas

A morte este xoves dun home de 86 anos en Logroño a consecuencia das altas temperaturas elevou a cinco os falecidos por golpes de calor na última semana, na que se alcanzaron ata 42 graos en varios puntos do país.

A primeira morte causada polas temperaturas produciuse na madrugada do pasado venres en Córdoba, cando un mozo de 17 anos foi ingresado no hospital tras haberse metido nunha piscina para mitigar os efectos da calor cando estaba a traballar no campo.

Poucas horas antes, un home de 93 anos faleceu por outro golpe de calor en Valladolid mentres paseaba pola rúa.

O pasado martes un traballador do campo de 66 anos morreu polas mesmas causas, tal e como apuntou a Consellería de Saúde e Familia despois de que se lle realizase a autopsia.

A morte hoxe dun home en Logroño elevou a dous os falecementos na Rioxa nos últimos días, despois de que unha muller de 90 anos, con patoloxías previas, perecese o pasado domingo tras acudir ao Servizo de Urxencias polas altas temperaturas.

Para evitar os efectos das altas temperaturas recoméndase unha correcta hidratación, roupa folgada e unha alimentación con inxestas ricas en vitaminas e minerais

A PEOR ONDA DE CALOR EN 40 ANOS. Segundo un estudo publicado pola Axencia Estatal de Metereología (Aemet) a pasada onda de calor que afectou ao centro, norte e nordeste da península e Baleares entre o 26 e 30 de xuño foi a máis sufocante neste mes nas últimas catro décadas.

En Barcelona, Zaragoza, Bilbao, Pamplona, San Sebastián, Logroño, Huesca e Burgos a temperatura alcanzada durante os tres días críticos da onda de calor foi a máis alta da serie, sinalou a Aemet. Tamén destacou a situación en Madrid e puntos da serra madrileña e Torrejón de Ardoz, "onde nunca fixo tanto calor como neste mes de xuño", e resaltou ademais os altos valores de Vitoria, Lleida, Girona, Soria, Teruel e Guadalajara.

Para evitar os efectos das altas temperaturas, os expertos recomendan, especialmente a anciáns, enfermos e nenos, unha correcta hidratación, roupa folgada e unha alimentación que inclúa inxestas ricas en vitaminas e minerais.

En España, o ano pasado producíronse 42 falecementos atribuíbles a golpes de calor, 22 máis que en 2017, segundo os datos do Ministerio de Sanidade.

Cinco persoas faleceron por golpes de calor na última semana
comentarios