A redución da velocidade nas estradas convencionais entra en vigor este martes

Desde o 4 de xaneiro hai en marcha unha campaña informativa en redes da DXT para informar os cidadáns da nova normativa 

Las nuevas señales de límite a 90. EP
photo_camera Os novos sinais de límite a 90. EP

A redución de velocidade a 90 km/h nas estradas convencionais entra en vigor este martes 29 de xaneiro. A modificación do Regulamento Xeral de Circulación que contempla esta medida foi aprobada no Consello de Ministros do 28 de decembro e publicada no Boletín Oficial do Estado (BOE) ao día seguinte, aínda que entra en vigor ao mes da súa publicación, para dar tempo aos titulares das vías afectadas a realizar cambios na sinalización. 

Dita modificación prevé cambios no artigo 48 do Regulamento Xeral de Circulación referido aos límites de velocidade nas estradas convencionais, co fin principal de reducir a sinistralidade viaria e cumprir o obxectivo establecido na estratexia de Seguridade Viaria 2011-2020 de baixar de 37 a taxa de falecidos en accidente de tráfico por millón de habitantes. En 2017 a taxa foi de 39. 

Este cambio supón a desaparición dos diferentes límites de velocidade xenéricos establecidos, 90 e 100 km/h para turismos e motocicletas, en función de se a vía dispuña ou non de metro e medio de beiravía practicable, reducíndoo a unha limitación xeral de 90 km/h. 

Os cambios deste límite de velocidade afectarán a uns 10.000 quilómetros de vías. Os límites de velocidade que agora se modifican fixáronse a principios dos anos 80 do século pasado, cando a rede viaria española non tiña case quilómetros de vías de alta capacidade, situación completamente distinta á actual. 

Ademais, esta iniciativa supón reducir a diferenza de velocidade entre vehículos de transporte de viaxeiros e mercancías respecto dos turismos. 

Segundo diferentes estudos, os vehículos que circulan a velocidades dispares da media da vía, como poden ser os camións en relación a turismos e motocicletas, son máis susceptibles de provocar un accidente, cunha probabilidade seis veces maior que se estes vehículos circulasen á media do resto de vehículos. Ademais, velocidades de circulación máis homoxéneas favorecen a fluidez do tráfico.

CAMIÓNS E AUTOBUSES. Con este cambio normativo se uniformiza a velocidade dos camións en estradas a 80 km/h, límite que é común na gran maioría dos países da Unión Europea. 

No caso dos autobuses, a limitación xenérica de velocidade é de 90 km/h debido á baixa sinistralidade continuada deste tipo de vehículos, que no caso de España ten un cociente de falecidos/tipo de vehículo (autobús) un 40% menor con respecto ao cociente total da UE. A pesar desta velocidade, o artigo 48 establece unha nova excepción a aqueles autobuses que non teñen cinto de seguridade, xa que estes non poderán circular a máis de 80 km/h. 

A baixada de velocidade é unha das medidas estrela do director xeral de Tráfico, Pere Navarro, e do ministro do Interior, Fernando Grtande-Marlaska. Durante os seis meses do Executivo socialista, ambos se mostraron en numerosas ocasións a favor de rebaixar a velocidade neste tipo de estradas, onde teñen lugar en torno ao 75% dos accidentes con vítimas. Ademais, a velocidade inadecuada é a causa principal no 20% dos casos. 

Para informar os cidadáns sobre a nova norma, a DXT lanzou o pasado 4 de xaneiro unha campaña informativa de catro vídeos co slogan 'Menos velocidade, máis vidas na estrada. Mellor máis amodo', que está a ser divulgada a través das redes sociais. 

Comentarios