Sánchez anuncia a paralización das actividades non esenciais desde o luns

A prohibición esténdese do 30 ao 9, inclusive Os traballadores percibirán un permiso retribuído "recuperable" 
Pedro Sánchez, durante su comparecencia. EP
photo_camera Pedro Sánchez, durante a súa comparecencia. EP

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou a paralización de todas as actividades non esenciais desde o luns 30 de marzo e ata o xoves 9 de abril, ambos inclusive, o que se aprobará este domingo nun Consello de Ministros extraordinario. 

Todos os traballadores que non desempeñen servizos básicos deberán quedar en casa as próximas dúas semanas. Segundo indicou, percibirán un permiso retribuído "recuperable" durante todo o tempo. É dicir, recibirán o seu salario "con normalidade".  Desta forma, non terán que desprazarse aos seus centros de traballo.

Nunha comparecencia desde Moncloa, o xefe do Executivo dixo que se trata dunha "medida excepcional". Asímismo, explicou que será despois, cando pase este período de cesamento de actividade, cando deberán recuperar as horas "de xeito paulatino".

Advertiu de que quedan "días moi duros" pola pandemia do coronavirus e é necesario "intensificar a loita".

Comentarios