Sanidade confirma dous casos de dengue contraído en España

A evolución dos afectados foi favorable e actualmente presentan un bo estado de saúde

Un ejemplar del mosquito tigre, transmisor del zika, dengue y chikunguña. JEFFREY ARGUEDAS (EFE)
photo_camera Un exemplar do mosquito tigre. JEFFREY ARGUEDAS (EFE)

O Ministerio de Sanidade informou este martes da confirmación, por parte do Centro Nacional de Microbiología do Instituto de Salud Carlos III, de dous casos de infección por virus dengue en adultos residentes en España que non viaxaran a zonas con transmisión coñecida do virus antes de iniciar síntomas. 

Estes dous casos confirmáronse o pasado 4 de outubro e existe un terceiro, unha muller adulta con síntomas compatibles coa enfermidade, están pendentes de confirmación.

As tres persoas iniciaron síntomas durante a segunda quincena de agosto. A evolución foi favorable e actualmente presentan bo estado de saúde, asegura Sanidade. 

Trátase de dúas persoas da mesma familia que coincidiron xuntos en municipios da provincia de Cádiz e de Murcia durante o período no que poderían adquirir a infección. Dos tres, dous deles residen habitualmente na Rexión de Murcia e o outro na Comunidade de Madrid. 

O dengue é unha enfermidade producida por un virus (flavivirus), que xeralmente ten unha clínica leve e que se transmite pola picadura de mosquitos infectados, non de persoa a persoa. O único vector competente para a trasmisión do virus en España é o Aedes albopictus (mosquito tigre), amplamente estendido no país e especialmente no litoral mediterráneo. En países da nosa contorna como Francia ou Italia, tamén con presenza de mosquito tigre, detectáronse nos últimos anos de forma esporádica casos de dengue autóctono e doutros virus similares como Chikungunya, recorda Sanidade.