Vox chega ao Congreso: Abascal senta detrás do presidente do Goberno

Deputados de Vox, na bancada socialista. BALLESTEROS (EFE)

Os deputados da formación ultradereitista foron os primeiros en chegar ao Hemiciclo

Os deputados de Vox foron dos primeiros en chegar ao Congreso dos Deputados, que este martes acolle a sesión de constitución da lexislatura, e o seu líder, Santiago Abascal, decidiu sentar no escano que tradicionalmente ocupa o portavoz do grupo socialista, xusto detrás do presidente do Goberno. 

O parlamentario do PSC José Zaragoza, de feito, está sentado entre Abascal e o deputado e Vox Iván Espinosa de los Monteros, o que deparou unha das primeiras imaxes inesperadas da sesión, que se inicia ás 10.00 horas.

Os deputados están a chegar ao Congreso desde primeira hora e acceden ao hemiciclo para ocupar os escanos que vexan baleiros, xa que non están asignados aínda.

O grupo popular está a colocarse pola súa zona habitual, do mesmo xeito que Ciudadanos na anterior lexislatura.