Camilo, un peregrino máis no Camiño de Santiago
Entre os miles de peregrinos que están a percorrer neste ano Xacobeo o Camiño de Santiago comeza a ser unha constante a presenza de celebridades. Cociñeiros, cantantes, influencers deportistas escollen a Ruta Xacobea para emprender unha aventura diferente aos habituais destinos de sol e praia.
Ver máis: Jaydy Michel, no Camiño de Santiago coa súa parella e Patricia Cerdeira
O último en sumarse á lista é o cantante colombiano Camilo. Xunto a súa parella Evaluna o seu sogro Ricardo Montaner, o artista está a realizar o Camiño do Norte. Espérase que o domingo faga a súa entrada en Galicia a través de Ribadeo.
Como xa mencionamos, non é o único peregrino ilustre neste 2021. Xusto esta mesma semana un grupo de influencers, entre os que destaca María Pombo, comezaban o Camiño Portugués