sábado. 23.10.2021 |
El tiempo
sábado. 23.10.2021
El tiempo

Camilo, un peregrino máis no Camiño de Santiago

Camilo. ARCHIVO
Camilo. ARCHIVO
Espérase que o artista colombiano chegue este domingo a Ribadeo

Entre os miles de peregrinos que están a percorrer neste ano Xacobeo o Camiño de Santiago comeza a ser unha constante a presenza de celebridades. Cociñeiros, cantantes, influencers deportistas escollen a Ruta Xacobea para emprender unha aventura diferente aos habituais destinos de sol e praia. 

Ver máis: Jaydy Michel, no Camiño de Santiago coa súa parella e Patricia Cerdeira

O último en sumarse á lista é o cantante colombiano Camilo. Xunto a súa parella Evaluna o seu sogro Ricardo Montaner, o artista está a realizar o Camiño do Norte. Espérase que o domingo faga a súa entrada en Galicia a través de Ribadeo. 

camiloAos seus 27 anos de idade, Camilo é un referente no pop latino internacional. O colombiano acumula seguidores nas súas redes sociais —22 millóns en Instagram—, galardóns e colaboracións de prestixio —pon banda sonora a LaLiga nesta tempada—.

Como xa mencionamos, non é o único peregrino ilustre neste 2021. Xusto esta mesma semana un grupo de influencers, entre os que destaca María Pombo, comezaban o Camiño Portugués

Camilo, un peregrino máis no Camiño de Santiago
comentarios