Javier Sierra viaxa ao Camiño de Santiago na nova edición de 'Otros mundos'

O documental estrearase o día 7 de xuño e dará a coñecer mitos, lendas e historias relacionados coa peregrinaxe 
Cartel promocional de 'Otros mundosEl Camino de Santiago'. MOVISTAR+
photo_camera Cartel promocional de 'Otros mundos: El Camino de Santiago'. MOVISTAR+

Movistar+ estreará o próximo 7 de xuño unha nova edición da serie documental Otros mundos do escritor Javier Sierra, un programa que viaxará ao camiño de Santiago neste ano Xacobeo. A través de tres episodios, o espectador poderá introducirse nunha viaxe no que se descubrirán mitos, lendas e historias do Camiño de Santiago, así como "algúns dos momentos clave que converteron a un neno apaixonado polos misterios no recoñecido escritor que é hoxe", apuntou a plataforma nun comunicado.

Esta tempada chega despois de que nos anteriores programas Sierra (El fuego invisible), percorra a súa infancia e adolescencia, os misterios que marcaron a súa vida, os enigmas do antigo Exipto e as sinais que deixaron na súa memoria os seres doutros mundos. En Otros mundos: El Camino de Santiago, Sierra invita a visitar algunhas zonas paisaxísticas e arquitectónicas que lle acollen ao longo do seu percorrido, algunhas delas verdadeiros símbolos da historia de España.

Nesta nova entrega o autor irase citando e atopando con personaxes cos que compartirá experiencias, coñecementos e historias e ensinará a sorprendente relación que garda o famoso taboleiro do Xogo da oca coa ruta de peregrinación. O nexo de unión da tempada entre a viaxe e o autor será La dama azul, a novela coa que debutou en 1998 e que narra a historia da muller que axudou a consolidar a lenda do apóstolo Santiago en España.

Producida por Movistar+ en colaboración con La Caña Brothers, Otros mundos: El Camino de Santiago estrearase o luns 7 de xuño e, tras a súa emisión, cada episodio estará dispoñible no servizo baixo demanda da plataforma.

Comentarios