Media ducia de equipos World Tour interésanse por 'O Gran Camiño'

A proba ciclista celebrarase entre os días 24 e 27 do mes de xaneiro de 2022
Un grupo de ciclistas.MAXMANN (Pixabay)
photo_camera Un grupo de ciclistas.MAXMANN (Pixabay)

A estrea do Gran Camiño, nova proba ciclista en Galicia prevista para 2022, atraeu a seis equipos World Tour que están interesados en participar, segundo confirmaron os organizadores do evento.

A primeira edición do Gran Camiño celebrarase en febreiro e recuperará a volta galega por etapas de carácter profesional.

Seis equipos World Tour de primeiro nivel internacional, segundo explica a organización nun comunicado, puxéronse en contacto para trasladar "o seu interese por participar nesta proba".

O Gran Camiño está incluída no calendario de ciclismo da Unión Ciclista Internacional coa categoría 2.1, que posibilita que a metade de equipos participantes sexan World Tour.

Na competición participarán unha vintena de equipos, nacionais e estranxeiros, entre o 24 e o 27 de febreiro de 2022, con catro etapas polas catro provincias galegas.

Comentarios