Unha nova intervención artística transforma as Torres Hejduk do Gaiás nun faro 'xacobeo'

Busca mergullar aos visitantes nunha experiencia que alude á propia luz dos faros da costa galega
Faro dentro de las Torres Hejduk. XUNTA
photo_camera Faro dentro das Torres Hejduk. XUNTA


A Xunta inaugurou nas torres Hejduk da Cidade da Cultura unha nova intervención artística que a converte nun faro xacobeo, baixo o título En terra firme

A iniciativa busca mergullar aos visitantes nunha experiencia que alude á propia luz dos faros da costa galega, como guía e meta da travesía vital, nunha alegoría do Camiño de Santiago como experiencia de transformación persoal.

Esta proposta creativa de Ana Núñez Rodríguez e Sebastián Sandoval Quimbayo resultou gañadora do VIII Concurso de Intervencións Artísticas nas Torres Hejduk, convocado en 2020 entre os e as participantes do X Encontro de Artistas Novos Cidade da Cultura (EAN10). 

O certame, que conta coa colaboración da Fundación Banco Sabadell, está enmarcado na programación do Xacobeo 21-22 e ten como eixo o Camiño de Santiago, profundando na relación entre a Cidade da Cultura, a cidade de Compostela e o propio camiño xacobeo. 

No acto de inauguración, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo , destacou que o concurso "é un xeito de apoiar e dar visibilidade á arte contemporáneo e aos artistas emerxentes", ofrecendo para a súa intervención creativa "un espazo expositivo non convencional de gran recoñecemento e moi icónica" do complexo.

Comentarios