sábado. 23.10.2021 |
El tiempo
sábado. 23.10.2021
El tiempo

O novo libro de Vázquez Taín, "unha peza fundamental" na divulgación do Camiño

José Antonio Vázquez Taín, con su nuevo libro en la Plaza do Obradoiro. XOÁN REY (EFE)
José Antonio Vázquez Taín, con su nuevo libro en la Plaza do Obradoiro. XOÁN REY (EFE)
En Máis alá e máis arriba o maxistrado e escritor narra a historia dos primeiros peregrinos

O maxistrado e escritor José Antonio Vázquez Taín presentou este mércores o libro Máis alá e máis arriba, sobre a historia dos primeiros peregrinos do Camiño. 

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, participaron este mércores na presentación do libro en Santiago. 

Así, Román Rodríguez agradeceu o seu "excelente traballo" por continuar divulgando os valores "de unión e integración" do Camiño. Cualifica a publicación como "unha peza fundamental para seguir facendo máis universal a cultura xacobea", "imprescindible entre os estudiosos da ruta". 

"Foi un acerto pór ao Camiño como protagonista do libro", subliñou Alfonso Rueda, "xa que son as diferentes rutas as que coñecen as historias e os segredos dos peregrinos que ao longo dos séculos fixeron o Camiño chamados polos seus atractivos". 

O novo libro de Vázquez Taín, "unha peza fundamental" na...
comentarios