Ferreiro falará en xullo con Feijóo sobre Alcoa e as Urxencias do CHUAC

O alcalde da Coruña afirma que ambas as cuestións xeran "preocupación" e xa que logo deben de tratarse canto antes

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, explicou que, na reunión que manterá co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o próximo mes de xullo, abordará temas que considera importantes para a cidade como a factoría de Alcoa ou as Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario.

Ferreiro detallou, tras reunirse co reitor da Universidade da Coruña, Xosé Luís Armesto, que coincidiu no acto de entrega das Medallas Castelao con Núñez Feijóo por primeira vez desde que accedeu ao cargo, e ambos quedaron en verse "durante este mes", en referencia a xullo, que arrinca o mércores.

Nese encontro tratará "diversas cuestións que están encima da mesa", entre as que destaca a situación dos traballadores de Alcoa e a "preocupación que existe na cidade polo seu futuro". Falarán tamén da situación do servizo de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) porque sofre colapsos de xeito habitual, que "tamén é preocupante".

Comentarios