Bisbal ofrecerá unha charla e un concerto exclusivo en Vigo

O cantante contará vivencias e anécdotas da súa carreira, ademais de interpretar cancións

David Bisbal. FERNANDO VILLAR (EFE)
photo_camera David Bisbal. FERNANDO VILLAR (EFE)

Os novos clientes galegos de Endesa poderán asistir a un encontro exclusivo co cantante David Bisbal en Vigo, informou a compañía nun comunicado.

Este evento forma parte dunha campaña da empresa para ofrecer aos consumidores unha nova modalidade de tarifa.

O encontro con David Bisbal terá lugar no Teatro Afundación, de Vigo, o próximo 21 de marzo e estará reservado, exclusivamente, para novos clientes de Endesa.

O cantante contará vivencias e anécdotas da súa carreira, ademais de interpretar cancións. 

Comentarios